Pregunta para Parlamento de Galicia

Xunta de Galicia: que medidas tomarán para protexer a Comarca de Tebeirós Terra de Montes?

110 persones li han donat suport

O 30 de Agosto de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolucion (con data de 26 de xullo de 2018), da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan, as autorizacións administrativas previas e de construción ao parque eólico Pico Touriñán, situado nos concellos da Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro e promovido pola sociedade Enel Green Power España, S.L

Dende a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, presentáronse recursos de alegación nos que, en síntese, se manifesta que o proxecto do parque eólico non ten en conta a necesidade de protección do patrimonio vexetal, animal, etnolóxico e arqueolóxico existente na zona afectada. En concreto, ponse de manifesto o impacto que xerarían as instalacións do parque eólico sobre a festa de interese turístico internacional coñecida como a Rapa das Bestas.Nin tan sequera considera o “ALTO RISCO DE INCENDIOS” que supoñen os parques, tanto no relativo aos lumes xerados polas propias turbinas, como por aparato eléctrico ou lóstregos atraídos polos aeroxeradores.


Así pois, cremos imprescindible que as administracións deben protexer os montes que rodean Sabucedo, onde conviven patrimonios naturais, culturais e etnográficos. En Montouto habitan as greas de eguas e cabalos que conforman a cabana de San Lourenzo de Sabucedo, cerne básico da tradición singular da rapa das bestas, festa de interese turístico internacional.

Se nestes montes se autorizan, actuacións indiscriminadas que acurten as áreas de pastoreo ,que destruan mananciais, zonas de cria, bebedoiros e camiños de paso, estase á atentar contra a propia tradición. De feito os équidos que habitan esta zona ,dende tempos inmemoriais, son cualificados polo prestixioso especialista Felipe Bárcena como de "interese natural único"... unha prezada singularidade dos montes galegos que se atopa en perigo , de non tomarse as medidas axeitadas, e porsuposto, mais grave será ,se o seu territorio se ve invadido coa instalación de parques eólicos que mudarán radicalmente o seu hábitat. Ademais...,cumpre sinalar que o patrimonio natural e cultural de Sabucedo conta cun evidente potencial turístico,derivado tamén do seu patrimonio material .

Todos estes elementos materiais e inmateriais veríanse seriamente afectados pola presenza dun Parque Eólico contravindo esta instalación o establecido no Plan Director elaborado para Sabucedo pola Exma. Deputación de Pontevedra e presentado polo Presidente da Deputación e polo Alcalde de A Estrada o 30 de marzo de 2012 en Sabucedo, xa que un dos obxectivos é a mellora da actividade turística do pobo e o seu papel na dinamización do entorno.

Pois ben, curiosamente, neste documento, no seu apartado 7, cítanse como debilidades da nosa zona a falta de protección do patrimonio dende a perspectiva ecolóxica, e sinalase como fortaleza, un patrimonio natural con potencial para crear produtos turísticos diferenciados. Así pois, resulta evidente que coa construcción do parque eólico incrementaríanse as debilidades e mermarían as fortalezas.

A instalación destes aeroxeradores, dende o punto de vista paisaxístico, supón unha saturación total da comarca de Tabeirós Terra de Montes, xa que outros parques eólicos, na actualidade, están a exercer unha forte presión paisaxística alterando os valores propios da comarca. Temos  noso carón o Parque do Couto de San Sebastián, Masgalán-Campo de Coco, Parques Eólicos da Serra do Candán e da Serra do Seixo entre outros. Ademáis, dos parques en fase de proxecto, como o de As Penizas, a 2 kms escasos de Sabucedo, e que no futuro incidirá nun prexuízo maior a nivel paisaxístico.

Por todos é coñecido o elevado potencial de turismo rural da Comarca de Tabeirós Terra de Montes, ofertando os seus valores medioambientais e paisaxísticos como os aspectos que cobran máis forza na promoción turística da zona. Considérase polo tanto que a alteración paisaxística que provocará a implantación dun novo Parque Eólico suporá un elemento negativo e tremendamente limitante para o desenrolo desta actividade.

Finalmente o citado plan director establece unha estratexia artellada entre unha xestión sostible do monte, promovendo a definición dun marco de protección básico coa declaración do entorno de Sabucedo como Paisaxe Protexida, posto que nos encontramos ante un patrimonio natural excepcional que precisa dun instrumento que ampare os seus valores. Resulta obvio, que a instalación do Parque Eólico sería totalmente incompatible coa declaración da zona como paisaxe protexida, e suporía unha eiva enorme para as expectativas de desenvolvemento da zona en xeral e para a consecución dos obxectivos do Plan Director en particular.

A implantación do citado parque eólico vai a supoñer un impacto negativo para a poboación de animais que viven nestes montes. As obras provocarán unha serie de consecuencias nefastas para os citados équidos e demais fauna. Así na fase de construcción ocuparánse zonas das áreas de campeo das manadas, o que influirá no uso do espazo e provocará desprazamentos. Esta problemática ven recollida nun informe realizado pola inxeñeira de montes, doutora Laura Lagos Abarzuza, no que se establecen medidas que debería recoller o proxecto de instalación do Parque eólico tales como:

- Peches perimetrais naquelas zonas onde se prevé que os animais incrementen os seus
movimentos cara as mesmas.
- Pasos canadianos nas pistas de acceso.
- Sinalización específica de cabalos na vía e máximos de velocidade acordes coa
presenza de estes équidos nas pistas.
- Respetar mananciais e fontes, de xeito que non se poidan ver afectadas.
- Seguimento das greas para avaliar os movimentos provocados polos équidos, así como
aquelas zonas onde é preciso reforzar peches.

Finalmente hai que sinalar que o proxecto non realiza ningunha consideración xurídica relativa aos dereitos de pastoreo, derivados do feito de que gran parte dos équidos que viven nos montes afectados polo Parque Eólico, pertencen á Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo que os conserva, coida e custodia.

Somos valedores da tradición, da cultura e do entorno no que vivimos..

"Aloitaremos" como quixotes por vivir no medio rural, rodeados de montes cheos de vida, onde os fillos do vento sexan cabalos e non... aeroxeradores.

110 persones li han donat suport
Pregunta dirigida a: Parlamento de Galicia

11752 Suports Polítics

Preguntar

PSdeG

PSdeG

516 Suports Polítics

Preguntar

BNG

516 Suports Polítics

Preguntar

En Marea

En Marea

516 Suports Polítics

Preguntar