¿Que opina da legalización do nomeamento a dedo de directivos para postos públicos?
Hai cargos polÍticos que son de confianza e que xa están delimitados, como Xecretarios Xerais, xefes de gabinete, entre outros, que precisamente por ser de confianza ten a súa lóxica que sexan nomeados polo responsábel político. Máis ala destes cargos, todos os traballadores e traballadoras do sistema público deben acceder aos seus postos coas correspondentes garantías de igualdade, mérito e capacidade. As prácticas de contratación a dedo son prácticas caciquis e despóticas que desde posicións democráticas hai que erradicar.
Compartir


Fágolle a mesma pregunta que a Guillermo Collarte:
Hai uns meses no SERGAS descubriuse que había xente contratada (hai nomes e apelidos) como aux. administrativa pero os tiñas como xefes, pagando de tapadillo un "programa especial". Aparecían ata no directorio do Sergas como xefes. Cando se lle consultou a RR.HH. respostaron que era un ERRO no directorio pero que esa xente era soamente aux. administrativa. Supoño que isto acabará na fiscalía anticorrupción.
Pero o máis inquedante e que agora ca nova normativa da Xunta, a todos eses que eran "erros" vannos nomear directivos.
¿Poden os políticos crear leis para legalizar o que é inmoral e que era ilegal? Con cousas así o que están facendo e crear un caldo de cultivo para que isto acabe peor que a toma da Bastilla. É unha auténtica tomadura de pelo.
Está moi ben que se aproveite o coñecemento de xente do mundo privado, pero esa xente non pasou ninguna oposición, nin ten formación sobre a lexislación pública, etc etc etc. E vai a pasar a dirixir funcionarios sen ter coñecementos do procedemento administrativo, lei de contratos públicos, etc etc. Iso por dicilo suavemente. Porque claramente é unha coladera para colocar amigos.
Logo tódolos economistas, enxeñeiros, etc que teñen a súa praza de técnicos e que pasaron probas e exámenes ¿son tontos? ¿Están chamando tontos ao persoal da administración? Iso é como ter ducias de enxeñeiros informáticos en nómina e contratar todo o de informática a subcontratas, e os de dentro mirando para as paredes. Imaxina que de repente collemos e tódolos anestesistas e ciruxáns cardíacos lles seguimso pagando pero lles dicimos anda ide para o salón de descanso que imos traer unha contrata a facer o voso traballo.
En resumen o PP está insultando a intelixencia dos cidadáns. E ca que está caíndo, eu vou facer de Aramis Fuster, leva o camiño do CDS. RECTIFICAR É DE SABIOS E DE INTELIXENTES.