Mi pasión por el Taekwondo terminó con un trastorno de la conducta alimentaria. ¿Por qué no se trabaja más en la prevención y en el tratamiento de los TCA?
No hay más respuestas a la pregunta
Julio Torrado Quintela

Traballamos intensamente nun acordo parlamentario no que pretendimos incluir unha maior dotación de recursos humanos e posta en marcha dunha unidade de hospitalización infanto - xuvenil en Vigo


Ola Elena!

O máis importante que quería transmitir é o agradecemento por contar o teu caso, pola súa relevancia persoal e tamén polo influínte que é que as persoas que poidan e queiran terminen por facer visible os seus casos, para transmitir estas realidades que en moitas ocasións tápanse ou míranse de lado. O teu caso seguro que pode axudar a outros que poidan existir, e iso xa é necesario agradecelo e felicitarche pola fortaleza ao contalo.

Creo moi importante a túa pregunta porque apunta a un ámbito de traballo que coñezo, e da que son plenamente consciente da súa importancia, por dúas vertentes: por un lado pola miña condición de voceiro de sanidade do grupo socialista no Parlamento de Galicia, pero tamén pola miña orientación profesional pois eu son psicólogo e, ademáis, con formación e experiencia no ámbito do rendemento deportivo. Por tanto creo comprender o escenario que plantexas e os camiños posibles de mellora.

Dende logo, os problemas conductuais son un elemento ao que necesitamos poñer atención, e parte do meu traballo ven estando centrado neste ámbito da saúde mental e problemas de orde comportamental. A realidade sobre o dereito a atención de saúde mental por parte de todas as persoas en Galicia non é real, pois de facto non é posible dispoñer dun servizo realista e que de resultado efectivo dende o sistema público de saúde. O tempo medio de espera para a primeira consulta de saúde mental en Galicia supera os 4 meses (non é extrano ter cita para máis de 6 meses de distancia), e a continuidade é imposible porque son en torno a 3 meses o espazo entre consultas que se ofrece. Esto leva, precisamente, como ti ben trasladas, a que a idea xeral cando se precisa a atención dun psicólogo/a é a pensar no entorno privado. Esto non pode ser.

Os trastornos alimentarios, como outros trastornos da conducta, deberan ser afrontados dende estos servizos de saúde mental minusvalorados e infradotados en Galicia por parte da Consellería de Sanidade. Como dato sirva decir que Galicia é a CCAA de España que menor ratio de profesionais de saúde mental por habitante ten. Esto é así tanto en psiquiatras, psicólogos/as ou enfermeiros/as en saúde mental.

Dende a nosa posición, como digo, defendemos a urxencia de atender ás necesidades dos servizos de saúde mental para responder ás demandas de asistencia neste servizo que ten a poboación. Por iso, entre outras iniciativas, traballamos intensamente nun acordo parlamentario que promovemos no primeiro trimestre de 2021 a partir dunha Moción plantexada a Pleno por parte do noso grupo, no que pretendimos incluir unha maior dotación de recursos humanos. Tamén conquerimos un acordo para a posta en marcha dunha unidade de hospitalización infanto - xuvenil en Vigo para este ano, e axilizar este tipo de unidades para todas as provincias (a de Vigo será só a segunda de Galicia).
A pesares de existir algúns acordos, que nos consideramos de mínimos, rexeitáronse os nosos plantexamentos máis ambiciosos, aos que non renunciamos, pero comprobamos que este segue a ser un servizo minusvalorado polo actual goberno autonómico e cremos fundamental seguir pulando. Antes de final deste ano queremos fiscalizar o seguemento do acordo, e tratar de impulsar accións máis ambiciosas.

Graciñas Elena!
 


 Compartir
Julio Torrado Quintela
 Pregunta Mi pasión por el Taekwondo terminó con un trastorno de la conducta alimentaria. ¿Por qué no se trabaja más en la prevención y en el tratamiento de los TCA? gehiago ikusi
Enviada por
Elena Pérez Elena Pérez
670 de 500 Apoyos
26.07.2021

Únete a Osoigo

¿Eres político y estás interesado en participar en Osoigo?

Contacta con nosotros