¿Permitirás que el Ayuntamiento de Vigo cierre la escuela de Lutheria Antiga de la Emao?
No hay más respuestas a la pregunta
Nestor Vazquez Covoceiro

A praza de Profesor de Lutheria antiga debe ser cuberta de inmediato


A EMAO e un referente da cultura Galega e Mundial, que sempre sufriu a indiferenza e incomprensión do actual Alcalde Abel Caballero que xa aló polo 2009, e sendo eu alumno e un dos participantes activos nas manifestacions en contra, intentou eliminala ofrecéndoa como sede da biblioteca estatal, (por certo aínda sen construír 10 anos despois).Ese desprezo, descoñecemento da súa importancia e falta de compromiso con esta institución volve a renacer con  este novo grave suceso.

A praza de Profesor de lutheria antiga debería cubrirse dende o seguinte dia da xubilación do anterior mestre.

O alumnado ten dereito a recibir o curso completo da formación elixida, sen interrupcions.

A EMAO debe manterse como organización cultural de primer orde dentro do Concello de Vigo, con dotación de persoal e presupuestaria Garantizada.

Eu como representante de EQUO dentro da Marea de Vigo encargareime  de defender e apoiar a EMAO como prioridade cultural da Cidade

 


 Compartir
Nestor Vazquez Covoceiro
 Pregunta ¿Permitirás que el Ayuntamiento de Vigo cierre la escuela de Lutheria Antiga de la Emao?

El pasado día 4 de diciembre nos han informado que la clase de lutheria de la Emao queda suprimida.
Que nos quedamos sin clase, gracias a que el señor Abel Caballero no quiere convocar la plaza para seleccionar el nuevo maestre, entonces suprime la clase y deja a 30 alumnos fuera de clases, lo penoso es que esta clase llevaba abierta 35 años, donde han pasado profesores ejemplares que han dirigido el proyecto de reproducción del pórtico de la gloria, alumnos que hoy en día son artesanos reconocidos y se formaron en esta escuela a lo largo de estos años!!!

 

El cierre de la clase supone que si quieres formación tengas que irte lo más cerca dentro de España, a Bilbao, la única escuela que quedaría en toda España en funcionamiento, así que con este cierre perdemos todos, el día de mañana cualquier persona que tenga inquietud por estudiar la construcción de instrumentos, tendrá que salir de Galicia, es triste después de que Galicia fuese un referente en Europa en música y en construcción de instrumentos, como cuenta la catedral De Santiago con su maravilloso pórtico de la gloria , la catedral de Orense con el pórtico del paraíso y la de Noia, también hay presencia por todo el patrimonio románico de esto en distintas iglesias, en distintos monasterios.

 

Hoy es un día negro para la música, para la cultura y el patrimonio!!! Cierran nuestra clase, esto está pasando en Vigo. Mi nombre es Norka Pérez y soy estudiante de Lutheria Antiga en la Emao.

 

Solicitamos que no se suprima la plaza de Lutheria Antiga de la escola municipal de artes y oficio de Vigo, porque es una especialidad necesaria para la cultura y el patrimonio de Galicia, con lo cual el suprimir esta especialidad sería un retroceso en la recuperación de nuestra tradición!!! Defendamos la formación activa, necesaria y en peligro de extinción.

13/12/2018 

COMUNICADO DE PRENSA

Vigo, 12 de decembro de 2018.- Ao respecto das declaracións da oposición sobre a Escola Municipal de Artes e Oficios, este goberno quere ratificar que se vai manter a praza de profesor e o curso de luthería con normalidade, así como o resto da formación impartida polo Concello neste centro. O profesor de luthería xubilouse este ano facendo imposible o normal desenvolvemento do curso, pero o goberno de Vigo ten previsto que a formación volva impartirse desde setembro e para isto dotarase esa praza a principios de curso. Nunca estivo nin está no ánimo deste goberno a supresión desta praza nin desta materia, nin levaremos adiante ningún recorte na EMAO como asegura o Partido Popular. Existe unha clara intencionalidade política detrás desta cuestión, pois tanto o PP como Marea xa deberían saber que a praza de profesor, o curso de luthería e toda a formación impartida na Escola continuará con absoluta normalidade no mes de setembro. No Concello de Vigo adicámoslle ao funcionamento da Escola Municipal de Artes e Oficios case que 1,2 millóns de euros e a formación non ten custo algún para o alumnado. A EMAO é a única escola de artes e oficios de Galicia e debería ser a Xunta a que fomentase o patrimonio cultural galego pero non asume a súas competencias. No Goberno de Vigo estamos encantados de mantela e seguiremos facéndoo no futuro. Goberno de Vigo

ACTUALIZACIÓN DE LA SITUACIÓN / ACTUALIZACIÓN DA SITUACIÓN

14/12/2018 http://xornaldevigo.gal/vigo-e-contorna/vigo/13936-continua-o-desencontro-entre-a-escola-municipal-de-artes-e-oficios-e-o-concello-de-vigo/

 

Continúa o desencontro entre a Escola Municipal de Artes e Oficios e o Concello de Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios acusa ao Concello de non atenderlles por manter unha xuntanza co BNG.

 

Concentración pola Escola de Artes e Oficios/ Miguel Núñez

 

Os alumnos de Lutheria Antiga, da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, tiñan unha cita este xoves coa concelleira de educación Olga Alonso Suarez, pola eliminación deste curso.

Así o relata Norka Pérez, portavoz deste colectivo: “No día de onte, 13 de decembro ás 18:00 horas, presentámonos no Concello os 3 delegados da clase de Lutheria Antiga da Escola municipal de artes e oficios de Vigo para asistir á nosa reunión xa pautada o día venres 7 e confirmada no día de onte ás 12:00 horas”.

Agora Pérez defende que foron rexeitados por acudir antes á sede do BNG: “Ás 13:11 recibo outra chamada do despacho da concelleira anulándome a cita por estas declaracións, paréceme perigoso o ton ditatorial que está a tomar esta cidade, se ti non opinas igual anúloche, non me interesas. No canto de sentar a explicarnos, no canto de ter unha conversación e tranquilizarnos, no canto de cumprir co seu deber”.

“Cara a uns alumnos que sinxelamente non cren neles porque levamos 10 meses sen clases, cando isto se ía a solucionar antes que o mestre se xubilara, a día de hoxe estamos sen clases e piden que aguantemos ata setembro do 2019. Case 2 anos de aguante!!! E pretenden que lles creamos?”, pregúntase Pérez.

Concentración pola Escola de Artes e Oficios/ Miguel Núñez

 

“Di a súa secretaria que polo contido da miña entrevista a cita que tiñamos queda cancelada, eu dígolle que mo comunique por escrito ou eu de igual forma me presentarei, porque sei ao que xogan, xogan a que se eu non me presento dirán que son eu a que non quero conversar, entón como eu teño toda a disposición de chegar a un punto onde todas as partes saiamos beneficiadas, non serei eu quen non asista á devandita reunión, resulta, chegamos aí ás 17:55 e entramos, non aparecemos en lista de acceso, dános plantón Olga Alonso Suarez”, aseguran desde a MAO (Escola Municipal de Artes Oficios).

Esa mañá o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, e mais o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, mantiveron unha xuntanza con Norka Pérez como portavoz do alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios e pola súa campaña reivindicativa contra a supresión do curso de lutheria antiga na EMAO.

 

Concentración pola Escola de Artes e Oficios/ Miguel Núñez

 

Neste sentido, o candidato nacionalista asegurou que a amortización da praza de profesor asignada a este curso, que suporá na práctica a súa desaparición deixando sen oferta formativa a 30 persoas, pon en evidencia “a nula sensibilidade” do Goberno local en relación “ao noso acervo cultural e artístico”.

Norka Pérez, na súa comparecencia posterior á xuntanza diante dos medios de comunicación, salientou que o curso de lutheria antiga que se pretende suprimir é “unha xoia única en todo o Estado e ten formado a grandes profesionais que fixeron parte de proxectos de grande relevo a nivel internacional”.

“En lugar de desmantelala por partes o que merece Vigo é alargar e consolidar a oferta formativa da Escola Municipal de Artes e Oficios, poñendo en valor unha institución que ten por obxectivo facer accesíbel unha formación de calidade ao conxunto das viguesas e dos vigueses”, defenderon desde o BNG.

 

Reunión entre Norka Pérez e o BNG/ BNG

Enviada por
Norka Pérez Noguera Norka Pérez Noguera
310 de 300 Apoyos
11.12.2018

Únete a Osoigo

¿Eres político y estás interesado en participar en Osoigo?

Contacta con nosotros