Pregunta para Parlamento de Galicia

¿Estás a favor da destrución do patrimonio residencial de Monforte de Lemos?

218 pertsonak babestu dute
218 de500 Apoyos

Dun tempo a esta parte asistimos a contínuos episodios de destrución de edificios residenciais. Aínda que moita xente aínda pensa que o Patrimonio son unicamente os monumentos (igrexas, castelos, cruceiros) non é certo.

Que sería dunha cidade de formigón e aluminio con catro elementos antigos no medio? O Patrimonio é o conxunto, incluíndo as casas particulares e edificios, que compoñen a memoria e a historia dun pobo.

Demoler os elementos auténticos para disfrazar de rehabilitación (con placas de cemento, forxas industrializadas e carpintarias de aluminio) é un fraude ao pobo de Monforte e aos Galegos en xeral.

Ademais, cando todos os edificios antigos vaian desaparecendo, con que cara vendemos unha imaxe histórica falsa aos turistas?

Un edificio que xa caeu (disque pola climatoloxía, mintira, foi por falta dd mantemento), a galería máis singular da cidade (polo mesmo motivo) e agora 2 edificios da Rúa Comercio están cubertos con mallas e traballan nas fachadas posteriores.

Pare esa sangría e cumpla o que lle di a lei do solo: esixir o mantemento das edificacións de máis de 50 anos, e todo o casco histórico en xeral. Non se deixe enganar polos particulares, que so actúan en beneficio propio. Vostedd, como alcalde, ten que defender os intereses de todo o pobo de Monforte, e por ética e estensión, de todos os Galegos.

218 pertsonak babestu dute
218 de500 Apoyos
Pregunta dirigida a: Parlamento de Galicia
En Marea

En Marea

516 Babesak Politikariak

Galdetu

PSOE

47022 Babesak Politikariak

Galdetu

11752 Babesak Politikariak

Galdetu

BNG

516 Babesak Politikariak

Galdetu