A los 14 años comencé mi adicción al juego, ahora soy ludópata rehabilitado ¿Cuándo se van a incentivar las charlas testimoniales en los colegios e institutos para frenar esta problemática?
Ez dago galderaren erantzun gehiago
Julio Torrado Quintela

Temos presentado moitas iniciativas, e algunhas conseguido aprobar, para que se introduzan cambios normativos e, sobre todo, pedagóxicos na loita contra as adicións.


Boas Santiago.
Ante todo quero agradecerche moi sinceiramente que traslades o teu caso. Un elemento moi importante para loitar contra a ludopatía está na visibilización dos problemas, pois é certo que durante moito tempo ocultouse e tratouse con escurantismo. Esto contribuía a que se minimizaran os problemas, as consecuencias e, por tanto, non se combatiran ben.

O noso grupo ven estando moi activo na necesidade de lexislar contra as adiccións e, particularmente a ludopatía. A miña actividade profesional ven da psicoloxía, e teño moito contacto moi fluído con profesionais e colegas que traballan sobre estas cuestións. Coñezo moitas perspectivas e coincido na necesidade dunha abrodaxe integral. Temos presentado moitas iniciativas, e algunhas conseguido aprobar, para que se introduzan cambios normativos e, sobre todo, pedagóxicos na loita contra as adicións. Todo el vai encamiñado á necesidade de que se presente unha Lei Galega do Xogo, que dende hai moitos anos levamos instando ao goberno de Galicia que presente, que ven anunciando que fará pero que aínda non chega.
Por poñer un dato como exemplo do problema de non regular o xogo cabe dicir que as licencias de casas de apostas en Galicia nos últimos 5 anos (dende que se anunciou que se lexislaría para iso) multiplicáronse por 4. E todo sen que exista esta Lei que xa debera ter chegado.

Pola nosa banda seguiremos traballando nas iniciativas que presentamos, e que poden ser consultadas públicamente a través da web do Parlamento (ou se contacta calquera persoa co noso grupo parlamentario estarei encantado de comentalas específicamente), que van sobre todo á necesidade de afrontar o problema dende o inicio. Educación e limitación das posibilidades de acceso, especialmente a persoas mozas. Necesitamos un Observatorio do Xogo en Galicia, que estude os datos de maneira continuada e guíe as políticas para afrontar o problema de raíz, e precisamos poñer límite á presencia desaforada de posibilidades de xogo, controlando quen, como, onde, canto...


 Partekatu
Julio Torrado Quintela
 Galdera A los 14 años comencé mi adicción al juego, ahora soy ludópata rehabilitado ¿Cuándo se van a incentivar las charlas testimoniales en los colegios e institutos para frenar esta problemática? gehiago ikusi
Sortzailea
Santiago Camaño Santiago Camaño
84 de 500 Apoyos
2021.06.08

Batu zaitez Osoigora

Politikaria bazara eta parte hartzeko interesa baduzu, Jarri harremanetan

Jarri gurekin harremanetan