¿Que opinas sobre a xestión da crise sanitaria en Galicia?
Ez dago galderaren erantzun gehiago
Julio Torrado Quintela

O modelo de residencias, foco central de contaxios e de graves consecuencias, que evidencia un formato que necesita ser reformulado


Dentro da valoración de todos os detalles e o día a día da crise da COVID, cabe facer unha visión algo máis global para tentar de dar unha opinión conxunta. Os inicios da crise foron freados co confinamento absoluto previo ao verán e, certamente, despois do verán a xestión directa pasou a mans das CCAA, coordinadas no Consello Interterritorial co Ministerio. 

Dentro desto cabe mencionar que a extensión da crise é algo que non corresponde botar enriba da "culpa" de ninguén, pois aínda que a xestión autonómica afronta dúas ondas (e a terceira foi especialmente grave), a situación é complexa en todos os lugares. Dentro desto é importante sinalar que hai dúas cuestións que foron graves: 

A) en primeiro punto o modelo de residencias, foco central de contaxios e de graves consecuencias, que evidencia un formato que necesita ser reformulado. A empresa principal concesionaria de residencias privadas en Galicia (somos das CCAA de España con menor ratio de prazas públicas por personas maiores, e nos últimos 12 anos non se construíu ningunha praza pública de xestión pública en residencias de maiores en Galicia: 0) ten uns enlaces co Partido Popular escandalosamente evidentes, con intercambio de dirixentes entre partido e empresa, e con relacións persoais das que se presumen públicamente. Esta empresa, que falseou listas de vacinación coa connivencia da Xunta de Galicia, e que ven de saberse que incluso é comisionista de empresas funerarias, dominou as decisións sobre residencias que evidenciaron ser moi mellorables. Este punto necesita ser aclarado, aínda que o PP rexeitou e vetou unha comisión de investigación sobre o asunto.

B) As medidas nos momentos difíciles (Nadal) puideron ser máis restrictivas. Dende a nosa visión, nos respaldamos en todo momento as decisións tomadas, e cremos que así hai que comportarse. O goberno da Xunta afronta unha situación dura e non cremos que alimentar confrontación sexa o mellor. Por tanto somos partícipes, tamén dos erros se os cometeron. En todo caso parece evidente que antes de Nadal os comités clínicos e profesionais advertían da necesidade de ser máis restritivos, e non foi así aperturando moitas posibilidades para "Salvar o Nadal" como estratexia, que nos ubicou na situación que vivimos en xaneiro e febreiro.

O terceiro elemento, que é o proceso de vacinación, cremos que está resultando satisfactorio en toda España. Galicia está actuando razonablemente en termos operativos, ao seguir as indicacións do Ministerio. A chegada programada de vacinas está sendo solvente dentro das circunstancias limitadas polas negociacións europeas coas farmacéuticas. A nosa posición, como posible mellora, está en demandar máis persoal. A Xunta adicou 200 enfermeiras para a vacinación, e contratou a substitutos para que as prazas destas enfermeiras (en atención primaria) non quedaran baleiras. Cremos que é importante multiplicar este procedemento, porque con 200 personas non o facemos todo o rápido que podemos, e parécenos necesario investir neste procedemento que é o máis relevante que temos diante agora mesmo. Por agora recibimos o rexeitamento, pero cremos que terá que ser necesario facelo para que, cando sexa necesario que máis profesionais do sistema se adiquen a vacinar (está empezando a ocurrir) non queden descubertos os seus traballos de funcionamento ordinario.

 


 Partekatu
Julio Torrado Quintela
 Galdera ¿Que opinas sobre a xestión da crise sanitaria en Galicia?

Un mes despois da declaración da alerta máxima por COVID en Galicia, qué opinas de la gestión del gobierno autonómico de la crisis sanitaria desde el verano?

 

Sortzailea
Cristian Aspas Cristian Aspas
11 de 10 Apoyos
2021.02.24

Batu zaitez Osoigora

Politikaria bazara eta parte hartzeko interesa baduzu, Jarri harremanetan

Jarri gurekin harremanetan