¿Es legítimo no aceptar un trabajo estando en paro?
Ez dago galderaren erantzun gehiago
Rosana Pérez Fernández

¿Es legítimo no aceptar un trabajo estando en paro?


Prezada Inés:

Antes de respostarlle, quero pedirlle desculpas por non telo feito antes. Os problemas que tiña para entrar na miña ficha en "Osoigo" creo que, por fin, están solucionados.

Evidentemente, a renda básica, ou a Renda de Garantía Social pola que apostamos no BNG, trataría de evitar que ningunha persoa caia ou permaneza en situación de pobreza e/ou de exclusión social. No caso de aprobarse deberían, polo tanto, articularse os requisitos a esixir aos posíbeis beneficiarios e beneficiarias partindo da base de que debería ser unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia ás persoas que carezan deles.

Vostede pregunta si é "lexítimo" non aceptar un traballo estando no paro. Inés, a casuística é tan variada que non permite unha resposta xenérica. Tan lexítimo é non aceptar un traballo estando no paro como ofrecer  traballos que signifiquen, en definitiva, aceptar condicións de calquera tipo para poder traballar. Por outra banda, estar no paro non sempre significa cobrar prestación e sería esta última variable, así como a cantidade da prestación, a que deterninaría si a persoa concreta podería ter acceso a unha renda social.

Agradézolle a súa pregunta e agardo ter contribuído a aclararlle a nosa postura sobre o tema. En todo caso, estamos a falar dalgo realmente complexo e as solucións, seguramente, como en tantos outros casos, nunca serían a gusto de todos.

Saúdos cordiais.

 


 Partekatu
Rosana Pérez Fernández
 Galdera ¿Es legítimo no aceptar un trabajo estando en paro?

Hablamos de renta básica, ¿pero qué pasa con las gente que no acepta trabajos a pesar de estar en paro porque las condiciones no son tan buenas como desearían? ¿Ellos también merecen una renta básica?

Sortzailea
Usuario Anónimo Usuario Anónimo
13 de 10 Apoyos
2014.09.25

Batu zaitez Osoigora

Politikaria bazara eta parte hartzeko interesa baduzu, Jarri harremanetan

Jarri gurekin harremanetan